A OMV organiza unha excursión a Cangas para o estudo da flora do litoral
A Oficina Municipal de Voluntariado organiza unha charla e a posterior excursión práctica sobre o tema "A flora do litoral", dirixida a todos os voluntarios habituais interesados polo medio ambiente aínda que aberta para o público en xeral. Ata o momento asistirán 13 rapaces.
A Oficina Municipal de Voluntariado organizou, coa colaboración da Asociación de Dunas Fontaíña de Argazada, dúas xornadas medioambientais dedicadas ao estudo da flora do litoral. Hoxe xoves 4 de agosto ás 20 horas no salón de actos do Centro Cívico "Casco Vello" haberá unha charla con diapositivas titulada "A flora do litoral". Nesta charla, aberta á participación de quen desexe, se fará unha pequena explicación sobre as plantas que viven nas nosas costas seguindo os seguintes puntos:
- O medio no que se desenrolan.
- As adaptacións que teñen para poder sobrevivir.
- As especies máis comúns que podemos atopar.
- Os principais problemas de conservación que sofren hoxe en día.
- Algúns exemplos de proxectos de recuperación da flora.
A continuación, o venres 5 de agosto a OMV ten preparada unha excursión á praia de Barra (Cangas) para pór en práctica os coñecementos aprendidos na charla do día anterior. Ata o momento hai 13 rapaces apuntados a esta excursión que sairá de Vigo ás 9 horas da mañá e volverá ás 17 horas da tarde. O obxectivo desta actividade é realizar un pequeno estudio deste espacio natural e facer unha recollida de sementes de plantas de litoral.
Levaranse a cabo as seguintes actividades:
1.- Estudo do espacio:
- Diferenciación das distintas zonas existentes nesta franxa litoral.
- Observación e identificación das principais especies vexetais que podemos atopar.
- Problemas que afectan á vexetación dunar nesta área.
2.- Recollida de sementes de especies habituais nas nosas costas:
Para ser usadas posteriormente no proxecto de recuperación de dunas que está levando a cabo a asociación Fontaíña dentro do Concello de Vigo (incluído tamén no programa de voluntariado).
3.- Pequena actuación de limpeza de lixo na zona das dunas, para concienciar ós voluntarios da grande cantidade de desperdicios que se depositan sen ningún control nas nosas praias.
Descargar todas as imaxes