Corina Porro recibe a Tamara Abalde, xogadora destacada nos europeos sub 16 de baloncesto
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe mércores no Concello a Tamara Abalde, xogadora de baloncesto do Celta Vigo Urban que vén de completar unha grande actuación nos europeos sub 16 celebrados en Polonia.
![1123071251jicha.jpg 1123071251jicha.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1123071251jicha.jpg)
Tamara Abalde dixo que a experiencia nos europeos foi "moi emocionante, sobre todo a partir da segunda fase". Tamara recordou a derrota contra Francia nesa parte do campionato e a posterior victoria sobre a mesma selección na final. A xogadora, nada en Ferrol e viguesa de adopción, referiuse ao futuro engadindo que "teño que seguir traballando duro".
Corina Porro manifestou a súa "satisfacción como alcaldesa porque unha viguesa fose a máxima reboteadora e a terceira máxima anotadora" dos europeos sub 16. A alcaldesa dixo que "iso significa que hai moito esforzo e moito traballo detrás" e asegurou que o Concello vai continuar "apoiando a xente nova como Tamara".
Corina Porro manifestou a súa "satisfacción como alcaldesa porque unha viguesa fose a máxima reboteadora e a terceira máxima anotadora" dos europeos sub 16. A alcaldesa dixo que "iso significa que hai moito esforzo e moito traballo detrás" e asegurou que o Concello vai continuar "apoiando a xente nova como Tamara".
![1123071251jicha.jpg 1123071251jicha.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1123071251jicha.jpg)
![1123071292camiseta.jpg 1123071292camiseta.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1123071292camiseta.jpg)