Escoitar

A concelleira de Participación Cidadá atende dúbidas sobre as subvencións do seu departamento

Marta Iglesias, concelleira de Participación Cidadá, manterá unha reunión cun representante das asociacións culturais de Vigo para atender as posibles dúbidas sobre as bases de subvención para o fomento da participación cidadá e o desenvolvemento comunitario.

mércores, 29 xuñ 2005
A concelleira delegada de Participación Cidadá, Marta Iglesias, convocou para hoxe mércores, día 29 de xuño, a un representante das asociacións culturais da cidade. A reunión está prevista para as 19:30 no Centro Cívico do Casco Vello (rúa Oliva, 12).

O encontro efectúase unha vez publicadas as bases de subvención para o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario, así como as de investimento en infraestructuras e equipamento para entidades sen ánimo de lucro. Estas bases pódense consultar no BOP nº 115 de 16 de xuño de 2005.