A primeira regata puntuable da Liga de Traiñeiras disputarase en Vigo
A ría viguesa acollerá outro deporte náutico a partir do sábado 2 de xullo, a primeira proba puntuable da Liga ACT de Traiñeiras 2005. Esta liga formada pola Asociación de Clubs de Traiñeiras leva funcionando 3 anos e esta é a primeira vez na que participa o Concello de Vigo. A proba comezará ás 6 da tarde e terá un percorrido de 3 millas.
A concelleira de Deportes Lucía Molares, a coordinadora do área de Deportes da Xunta Ángela Lera e o representante da regata, Iñaki Mikeo, presentaron hoxe martes a I Regata ACT Concello de Vigo, que supón a primeira proba puntuable da Liga ACT de Traiñeiras e na que participa por primeiro ano o Concello de Vigo. A Regata Concello de Vigo terá lugar o sábado 2 de xullo a partir das 18 horas.
Lucía Molares sentiuse satisfeita de que o Concello de Vigo participe nun evento náutico destas características o ano da saída da Volvo Ocean Race e comentou que será outra oportunidade para achegar á cidadanía este tipo de deportes de mar. O Concello entra por primeira vez no circuíto de regatas da Liga de Traiñeiras que leva en funcionamento tres anos e que se desenvolve nas comunidades de Galicia, Cantabria e o País Vasco.
Pola súa parte, Ángela Lera destacou a participación da Xunta na ACT estes tres anos ao recoller a necesidade dos clubs de remo por unha liga regular para competir entre eles. A coordinadora de Deportes dixo que "contamos cun aval que é a Asociación de Clubs de Traiñeiras, que xa teñen experiencia organizando a liga estes tres anos e que son unha garantía do éxito desta".
O organizador do evento, Iñaki Mikeo, explicou o contido da proba viguesa e do resto da liga de traiñeiras. A liga consta de 19 probas que se desenvolven entre xullo e setembro e uns "play offs" contrareloxo. Está composta por 12 equipos dos que 10 manteñen a categoría e os dous últimos deberán disputala con outros dous clubs de ligas menores. Este ano o patrón do equipo líder levará un maijot.
A regata Concello de Vigo terá un percorrido de 3 millas (5.556 metros), con 4 longos e tres ciabogas. Ademais da proba viguesa haberá outras tres en augas galegas, en Ribeira, Boiro e O Grove, antes de desprazarse a augas cántabras.
Descargar todas as imaxes