Lucía Molares mantivo onte unha reunión con 46 asociacións ligadas ao ámbito do voluntariado
Acordaron fomenta-los valores de solidariedade entre a mocidade e mellora-la formación dos voluntarios mediante unha rede que aglutine as accións do voluntariado.
A Concelleira de Participación Cidadá, Lucía Molares, a través da Oficina Municipal de Voluntariado, mantivo onte unha xuntanza cos axentes sociais responsables dos movementos asociativos da cidade vinculados ao ámbito do voluntariado. Á xuntanza acudiron 46 representantes de asociacións de distintos ámbitos, como o deporte, a solidariedade social e medioambiental, a caridade ou a mediciña..
A concelleira Lucía Molares centrou o seu discurso na potenciación do voluntariado na cidade, na necesidade do traballo en rede cos colectivos deste ámbito para o seu fortalecemento, na necesidade de involucrar á mocidade e de inculcar estes valores de solidariedade nos xoves co obxecto de enriquecer a sociedade e de lograr unha maior concienciación na cidadanía. Lucía Molares defendeu o ámbito de acción do voluntariado, non só dende o punto de vista social, senón tamén dende outros sectores, como o deportivo, medioambiental...
As conclusións extraídas da xuntanza poderían ser:
1. Fortalecemento da derivación de voluntarios de OMV cara ás entidades de acción voluntaria.
2. Comezo dun plan de formación de voluntariado en rede das entidades de acción voluntaria para que o resultado final sexa que tódolos voluntarios das entidades reciban a formación necesaria para a realización das súas funcións.
3. Apoio dos voluntarios da OMV para a realización de proxectos puntuais das entidades de acción voluntaria.
4. Facilitar a transmisión de información relativa ao voluntariado entre as entidades da cidade.