O éxito do Curso de Mediadores Xuvenís en hábitos saudables fai pensar en novas iniciativas
Tras rematar o período de prácticas do curso desenvolvido pola Cooperativa Algalia en colaboración coa concellería de Benestar Social, o balance non pode ser máis positivo. De feito, o bo resultado fai pensar en novas iniciativas centradas na promoción da saúde na nosa cidade, como as Unidades de Promoción da Saúde.
O curso estructurouse en dúas partes, unha teórica e outra de práctica tutelada, para un máximo de 15 persoas, xoves 16 a 30 anos que desenvolvan o seu labor en contacto con xoves ou colectivos xuvenís e tentou proporcionar coñecementos e actitudes sobre hábitos saudables referidos ós xoves, particularmente en relación co lecer nocturno.
Prantéxouse o curso como unha actividade eminentemente práctica, cun profesorado composto por profesionais que traballen e/ou coñezan o traballo con xoves e as iniciativas de prevención e lecer alternativo. Tivo, tamén, ampla experiencia no traballo con grupos. Tras do curso, e como complemento do mesmo, de xeito tutelado, desenvolveuse un programa de traballo en colaboración con entidades que traballan co Concello en programas de saúde, como Alborada que desenvolve o programa alternativo de lecer nocturno Creative, e Médicos del Mundo que desenvolve un programa de promoción da saúde con persoas en risco para este Concello. Contouse coa coa tutela dos profesionais que teñen imparrtido o curso.
O proxecto foi desenvolvido por Algalia S. Coop. Galega, entidade que ten desenvolvido iniciativas semellantes con anterioridade e que xa traballa en programas relacionaos coa Concellería de Xuventude.
O éxito deste curso fai pensar na idoneidade de seguir a traballar en iniciativas centradas na promoción da saúde na nosa cidade como son as Unidades de Promoción da Saúde.
Esta proposta víu motivada polo interés da Concellería de Benestar Social en facer aportacións que se teñen amosado como efectivas no traballo do lecer nocturno de fin de semana e na prevención de drogas. Inicialmente tentou aproveita-lo interés que algunhas asociacións xuvenís da cidade tiñan no canto a colaborar na problemática do "botellón".
Descargar todas as imaxes