O Concello amosa o seu apoio ao deportista paralímpico Chano Rodríguez<br />
Na víspera da súa partida para Atenas 2004, a concelleira de Deportes, Lucía Molares,amosou o apoio do Concello ao deportistas na súa participación nas probas. Por outra banda a alcaldesa, Corina Porro, recibirá o luns aos deportista vigueses que conseguiron diploma olímpicos en Atenas.
As Paralimpiadas de Atenas, que terán lugar os días 19, 21, 24 e 27 de setembro e nas que participarán un total de 200 deportistas, gardan un rincón para Vigo. Un Vigo que estará representado pola figura do paralímpico Chano Rodríguez, quen dará mostra, sen dúbida, do espírito de superación da condición humana.
Co fin de amosar todo o apoio que se merece, o pazo-museo Quiñones de León acollerá unha recepción ao vigués o vindeiro luns, que terá lugar ás 20.00 horas. Toda unha homenaxe a un claro símbolo da superación e da integración. E é que aos seus 47 anos e pese as súas limitacións físicas, Chano Rodríguez é o único deportistas español que ostenta cinco medallas de ouro, ademáis de récords do mundo nuns xogos paralímpicos. Así, en Sidney 2000 foi pentacampión en natación: conseguiu o ouro e foi récord do mundo nas modalidades de 50, 100 e 200 metros, así coma en 4 por 50 metros libres e 4 por 50 metros estilo.
Dende o ano 96 participou en numerosos campionatos de España, rexionales, europeos e mundiais, conseguindo excelentes calificacións e superando progresivamente récords mundiais.
No 2004 foi invitado pola Federación Internacional de Natación ao mundial celebrado en Barcelona xunto cos millores nadadores do ránking a nivel mundial co fin de participar nunha proba de 50 metros libres de exhibición. Asimesmo, participou no Open de Dinamarca, en Sheffield e en Berlín. Ademáis, foi nominado polo Comité Paralímpico Español ao millor deportista do mundo (premios Laureos).
Agora, en Atenas, agarda, polo menos, repetir o éxito obtido en Sydney. Aínda máis, se decide finalmente presentarse á proba de 4 por 100 metros estilo, ademáis das modalidades de 50, 100, 200 metros libres, 4 por 50 relevos libres e 4 por 50 relevos, podería superar os cinco ouros optando a seis.
Pero o que é seguro é que a súa forza, perseverancia e espírito, farán que en Atenas o nome da cidade luza coma se merece.
Descargar todas as imaxes