25 cabodano do pasamento do egrexio poeta Celso Emilio Ferreiro
Os actos de homenaxe ao poeta, propostos pola Xunta de Voceiros Municipais na súa sesión do 24 de xuño e aprobados polo Pleno da Corporación, darán comezo o martes 31 de agosto.
A poesía social, crítica e directa misturada cunha gran calidade humana e proxección internacional, farán que Vigo se vista de gala con motivo do 25 cabodano do pasamento do egrexio poeta Celso Emilio Ferreiro o vindeiro martes.
Unha cita para o recordo, para a exaltación, quizáis tamén para o patriotismo presidido pola figura do que foi, sen dúbida, a figura máis representativa dunha poesía cruel, guía dunha boa parte dos poetas galegos da década dos 60.
Co obxecto de relembrar a un dos hitos máis trascendentais da nosa literaura, colocarase unha coroa de loureiro no busto de Celso Emilio Ferreiro, sito nos xardíns que levan o seu nome, no día do seu cabodano,o martes 31 de agosto.
Os actos completaranse ao longo do presente ano coa colocación dun baixorrelevo na casa onde morreu, no 28 da rúa Urzáiz. E xunto ao recitado das súas poesías e aos diversos concursos de redacción sobre a súa obra que se levarán a cabo en diversos centros de ensino da cidade, o Teatro García Barbón acollerá un festival-homenaxe ao poeta nado en Celanova.
O guión correrá cargo de Xosé Cermeño e estará artellado en dúas partes. A primeira consistirá na lectura de poemas e contará coa participación de importantes representantes da vida pública, cultural, deportiva e empresarial galega coma os deportistas Michel Salgado e Fran, Alfonso Paz Andrade, Victor Freixanes, Isaac Díaz Pardo e Manuel Bragado. Entre os conductores do acto destacará a presencia dos actores Sergio Pazos, Manuel Manquiña e Antonio Durán "Morris". Un espectáculo á medida acompasado cos sons de Amancio Prada, Miro Casavella e Luis Emilio Batallán, que teñen musicado poemas de Celso Emilio. A segunda parte estribará na gravación, realización e estrea dun documental, encargado previsiblemente a un realizador de recoñecido prestixio, sobre a vida e obra de Celso Emilio, no que se incluirán materiais dos arquivos de imaxes da TVG e da TVE.
Unha xornada na que a lembranza desta gran figura da literatura achegará aos presentes a vida e obra dun home que morou parte da súa vida na nosa cidade, onde finou no día 31 de agosto do ano 1979.