Convocatoria de catro bolsas para realizar prácticas en oficinas e servizos de información turística
Comunícaselles a todas as persoas interesadas que as bases da convocatoria de catro bolsas para a realización de prácticas nas oficinas de promoción turística están no servizo de Información do Concello a disposición dos/as interesados/as.
As becas mencionadas constitúen unha axuda pecuniaria para a obtención da debida formación dos beneficiarios/a e, en ningún caso, supoñen ningún tipo de relación laboral ou contractual co Concello.
REQUISITOS:
Poderán optar ás bolsas:
Os/as diplomados/as en empresas e actividades turísticas
Os/as técnicos/as superiores en información e comercialización turística.
PERIODO DE DURACIÓN DA BOLSA
De Outubro de 2004 a Maio de 2005.
A dotación económica da totalidade da bolsa será de 6.000€ polos oito meses (o importe da axuda será obxecto das correspondentes retencións).
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello dentro dos 10 días hábiles seguintes á publicación deste anuncio na prensa local. Poderán remitirse, así mesmo, ó Rexistro Xeral no prazo antes indicado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude, currículum vitae e todos e cada un dos documentos esixidos na base 7ª da convocatoria. A comisión de avaliación non someterá a estudio aqueles méritos que non estean debidamente acreditados.
A decisión da comisión de avaliación publicarase no taboleiro de edictos do Concello.
Para máis información: 986-810199 / 986-810216.