Escoitar

A banda estadounidense "The Offspring" pechará o cartel de festas locais o 31 de agosto

O auditorio do parque de Castrelos será o lugar elixido polo conxunto para celebrar o seu único concerto en España. Os vigueses "Hifi Stamina" e "Kannon" telonearán ao grupo de rock alternativo nun espectáculo que dará comezo ás 21.30 horas para dar paso á música de Offspring ás 24.00 horas. O precio da entrada será de dez euros, anticipada, e de 12 euros en taquilla.

luns, 30 ago 2004
1093868022off.jpg
The offspring
As Festas do Cristo da Victoria despídense de Vigo cun concerto de excepción que achegará ata Vigo ao conxunto estadounidense "The Offspring" o vindeiro martes 31 de agosto. O espectáculo dará comezo ás 21.30 horas coa actuación dos vigueses "Hifi Stamina" e do xoven quinteto "Kannon" ás 22.30, que presentará o seu novo álbum "Intro". Hora e media máis tarde, tocaralle o turno ao rock máis alternativo a cargo de "The Offspring", que ofrecerá en Castrelos o único concerto da súa xira en España.

Entre as excentricidades ás que nos teñen acostumados os artistas, "The Offspring" aterrizará no aeroporto de Peinador nun avión privado e os membros da organización terán que ir a recollelos a pé de pista. Xunto á presentación do seu novo traballo discográfico "Conspiracy of One", o cuarteto fará gala dos seus éxitos máis coñecidos dentro dun espectáculo para o que se está a levar a cabo unha campaña publicitaria moi forte. Unha forma de amosar o porqué do seu éxito, con máis de oito millóns de discos vendidos en Estados Unidos e preto de 35 a nivel mundial.

Pola súa parte, "Kannon", aprobeitará a ocasión para dar a coñecer o seu terceiro disco, "Intro", no que repiten producción con Pablo Iglesias, e onde se produce un novo achegamento ao rock, ademáis de presentar a un novo membro da banda. Uns teloneiros de excepción aos que non lles queda grande tocar xunto aos estadounidenses.

As entradas poranse á venda na Central de Espectáculos, situada na rúa Velázquez Moreno 26, a través da súa web www.centralespectaculos.com ou vía telefónica no 986 435 410. Tamén poderán mercarse na taquilla dixital de Caixanova www.caixanova.es ou chamando ao 902 504 500. O precio das entradas será de 10 euros, anticipadas, e de 12 euros o día do concerto en taquilla. Para o seu próximo concerto previsto en Lisboa, as entradas terán un precio de 22 euros.
1093868022off.jpg
1093868038kannon.jpg
Descargar todas as imaxes