A remodelación da cuberta da grada do campo de Bouzas arrancará o 13 de outubro
A Concello dedicará máis de 765.000 euros á remodelación de varias cubertas de instalacións deportivas da cidade. O próximo luns comezarán os traballos de substitución da grada do campo de fútbol de Bouzas.

O próximo luns 13 de outubro comezará a renovación integral da cuberta da grada do campo municipal de Bouzas (Baltasar Pujales). Segundo explicou o rexedor, o orzamento é de 303.000 euros e un prazo de execución de 4 meses.
Esta obra súmase ás reformas de cubertas doutras instalacións deportivas, tamén en marcha ou finalizadas. Referiuse en primeiro lugar á renovación integral da cuberta da grada do campo municipal de Samil. Os traballos comezarán de forma inmediata, cun orzamento de 303.000 euros e estenderanse durante 4 meses.
O Concello tamén realizará o cambio integral da cuberta do Pavillón Vermello (Complexo Deportivo das Travesas). Cun orzamento de 250.000 euros, arrancará en novembro, na mesmo período no que se acometerá a reparación da cuberta do pavillón municipal de Bembrive, cun orzamento de case 50.000 euros.
Outra das cubertas nas que se actuou foi a da grada do campo municipal de Navia, dotada con 37.500 euros, traballos que xa están rematados.