Escoitar

ARE-MORE dedica un concerto o centenario de Hugo Wolf e Hector Berlioz

Lola Casariego , mezzosoprano, acompaña ao piano de Aurelio Viribay, ofrecen un concerto o 1 de novembro dentro do Festival de Música Clásica ARE-MORE que organiza a Concellería de Cultura. O concerto será a partir das 20 horas no Conservatorio Superior de Música de Vigo, con entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.

venres, 31 out 2003
1067610429Lola.jpg
Lola Casariego
Programa do Concerto:
I PARTE

CENTENARIO DA MORTE DE HUGO WOLF
(1860-1903)


HUGO WOLF (1860-1903)

CUATRO LIEDER DE MIGNON (Goethe)
Mignon I: Heiss mich nicht reden
Mignon II: Nur wer die Sehnsucht kennt
Mignon III: So lasst mich scheinen
Mignon: Kennst du das Land

GUSTAV MAHLER (1860-1911)

TRES LIEDER DE DES KNABEN WUNDERHORN
Rheinlegendchen
Wo die schönen Trompeten blasen
Wer hat dies Liedlein erdacht

II PARTE

BICENTENARIO DO NACEMENTO DE HECTOR BERLIOZ
(1803-1869)

HECTOR BERLIOZ

LES NUITS D'ÉTÉ (Théophile Gautier)
1-Villanelle
2-Le spèctre et la Rose
3-Sur les lagunes
4-Absence
5-Au cimetière
6-L'îlle inconue

Lola Casariego

Natural de Oviedo, esta mezzosoprano versátil domina moi diferentes estilos: desde o recital ata o concerto, pasando pola ópera e zarzuela. Realiza o seu debut operístico en 1992, co rol de Rosina, Il Barbiere di Siviglia, no Teatro da Zarzuela de Madrid, baixo a dirección de Alberto Zedda, obtendo un grande éxito polo cal é invitada co mesmo rol no "Rossini Opera Festival de Pésaro", no ano do bicentenario rossiniano, e despois en Turín, Trieste, Valladolid e Bilbao.

Comeza entón a súa andadura no mundo de la ópera donde interpreta de nuevo Rosina en el "Festivale Settembre Musica" de Turín y en el Teatro Verdi de Trieste, además de hacerlo en las óperas de Valladolid y Bilbao.
Debuta en USA con Cherubino, Le Nozze di Fígaro,(Pittsburg), Idamante Idomeneo, Dorabella, Cosi fan tutte, ambas no " Festival Mozart"; Adalgisa, Norma,(Sabadell), Angelina La Cenerentola, (Córdoba).

Desde o 2000, interpretou a Charlotte ,Werther, na Opera de Marsella, Ottavia, L'Incoronazione di Poppea, en Madrid, Dorabella na New Israeli Opera de Tel-Aviv dirixida por Frédéric Chaslin, e tamén no Teatro Real de Madrid, dirixida por López Cobos e J. M. Flotats, Zaida, Il Turco in Italia, en Massy-París, Cornelia, Giulio Cesare en Bilbao, e os roles titulares de Carmen y L'Italiana in Algeri nas Operas de Tours y Reims.

Desenrola unha intensa actividade concertística: Requiem de Mozart con Christopher Hogwood, Misa en Si Menor de J.S. Bach con Frans Brüggen, Gala Lírica , na Salle Pleyel de París coa Orquesta de L'Ile de France, Stabat Mater de Rossini con Alberto Zedda , Misa Solemne de Beethoven, Requiem de Verdi con la B.O.S., El Amor Brujo e as Sete Cancións Populares de Falla con Edmon Colomer y la Orquesta de la Picardie, Les Nuits d'Été de Berlioz en Asturias, con Maximiano Valdés , e en Palma de Mallorca e Barcelona con Edmón Colomer.

Na tempada 2002/03 fixo o rol de Siebel, Fausto, no Teatro Real, Sesto, Giulio Cesare, en Málaga, e Idamante no Teatro Campoamor de Oviedo, o rol de Juditha do oratorio Judita Triumphans de Vivaldi, con Alberto Zedda e a Real Philarmonía de Galicia. Invitada tamén nas Konzertaus de Viena e de Berlín, ademais ofreceu catro concertos en San Francisco (U.S.A) co grupo "Al Aire Español", co que realiza unha importante labor de difusión da música barroca española dentro e fora das nosas fronteiras.

Entre as próximas actuacións : Il Viaggio a Reims de Rossini no Teatro Real, Iphigenia in Aulide de V. Martín y Soler no "Festival de Música Antigua" de Úbeda e Baeza, e La Vida Breve de Falla na Ópera de Niza.

Gravou as zarzuelas El Barberillo de Lavapiés de F.A. Barbieri e Goyescas de E.Granados co selo "Audiovidis-Valois", El Hijo Fingido de J.Rodrigo con "Emi Classics", Los Elementos, Acis y Galatea, y Júpiter y Semele de A. de Literes con "Deutsche Harmonía Mundi" e "Armonía Mundi Ibérica".

Aurelio Viribay

Natural de Vitoria, desenvolve a súa formación musical en España, Francia e Austria, especializándose en música de cámara e acompañamiento vocal. Recibíu diversos premios como o "Generalitat de Catalunya" do Concurso Pianístico "Joan Massiá" de Barcelona, o "Juventudes Musicales" de Albacete e "Premio Coleman" de Música de Cámara en Santiago de Compostela.

Asiduo pianista das "masterclasses" impartidas por famosos cantantes como Thomas Quasthoff, no Mozarteum de Salzburgo; Teresa Berganza, na Escuela de Música Reina Sofía; Marimí del Pozo e María Orán, nos cursos universitarios de música española "Música en Compostela", e Isabel Penagos, na Universidade de Deusto.

Colabora como pianista oficial dos concursos internacionais de canto "Das Schubert Lied" de Viena, "Francisco Viñas" de Barcelona, "Joaquín Rodrigo" de Madrid, "Julián Gayarre" de Pamplona, e Concurso Internacional de Canto de Bilbao.

De 1995 a 1997 foi profesor de Repertorio Vocal no Conservatorio e na Hochschule für Musik de Viena, e desde 1998 é profesor de Repertorio Vocal na Escola Superior de Canto de Madrid.

Ofrece recitais con numerosos cantantes entre os que se atopan Maria Bayo, Walter Berry, Ana María Sánchez, Alicia Nafé, Ana Rodrigo, Tatina Davidova e Ainhoa Arteta, e con instrumentistas como Asier Polo, Agustí Coma, Varujan Cozighian o García Jermann.

Actuou na meirande parte de países europeos, en México e Xapón e nas salas como o Musikverein ou o Konzerthaus de Viena. Entre as súas numerosas actuacións en España salientar as ofrecidas no Auditorio Nacional de Música de Madrid, Festival Internacional de Santander, Festival de Segovia, Festival Pau Casals, Are More de Vigo, Festival de Denia, Quincena Musical de San Sebastián, Festival de Veus de Altafulla, Ciclo de Lied Santiago de Compostela, Fundación Juan March de Madrid, Fundación Pedro Barrié de la Maza de A Coruña, Fundación Marcelino Botín de Santander, Fundación La Caixa de Barcelona ou Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo.

Aurelio Viribay realizou diversas gravacións para RNE, RTVE, ademáis de gravar coa mezzosoprano Marta Knörr un CD editado pola Comunidade de Madrid, que inclúe cancións de compositores españois da Xeración do 27.
1067610429Lola.jpg
1067610455Aurelio.jpg
Descargar todas as imaxes