Escoitar

O MARCO acolle unha exposición de novas experiencias visuais en Portugal

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, presenta unha exposición de producción propia, baixo o título "OUTRAS ALTERNATIVAS: novas experiencias visuais en Portugal". Trátase de novo dunha exposición colectiva, da cal o fío conductor é neste caso máis xeográfico que temático: trátase da primeira mostra dunha nova promoción de creadores, nados en Portugal na década dos setenta, que por primeira vez expoñen xuntos. A exposición permanece aberta ata o 25 de xaneiro de 2004, en horario de martes a domingo de 11:00h a 21.00h.

venres, 31 out 2003
106760821209.jpg
Filipa Cesar
Outro dos trazos distintivos desta mostra é a multidisciplinariedade e maila diversidade de soportes: fotografías, esculturas, videoproxeccións, instalacións, debuxos murais e tamén intervencións específicas que desenvolveron algúns dos artistas, concretamente Sancho Silva, Leonor Antunes, Pedro Gomes e André Guedes, que nalgúns casos saen mesmo dos límites físicos das salas de exposición e ocupan coas súas obras parte do vestíbulo do museo.

A exposición inclúe espectaculares instalacións de Joana Vasconcelos como A noiva (2001) –unha lámpada de cinco metros de alto con 14.000 tampóns a maneira de bombillas– ou Ponto de encontro (2000), un carrusel ó que o público está convidado a subir; e proxeccións en vídeo de João Onofre, Filipa César, Rui Calçada Bastos, Vasco Araújo, Miguel Soares (animación) ou Alexandre Estrela. Están tamén as esculturas e instalacións de Noé Sendas, João Pedro Vale, Francisco Queirós e Alexandre Estrela, as pezas sonoras e monitores con DVD de Rui Toscano e Ricardo Jacinto, ou as fotografías de Nuno Cera, Joana Pimentel, Rita Magalhães, e João Vilhena, este último ó máis novo de entre tódolos participantes.

En total expóñense 77 obras. 6 esculturas, 48 fotografías,9 instalacións, 6 videoproxeccións, 2 pinturas murais, 1 debuxo mural, 3 intervencións "in situ" e 2 monitores DVD.
106760821209.jpg
106760864915.jpg
106760861214.jpg
106760858013.jpg
106760855012.jpg
106760852411.jpg
106760849310.jpg
106760846408.jpg
106760843107.jpg
106760840505.jpg
106760836804.jpg
106760833903.jpg
106760829602.jpg
106760825501.jpg
106760867516.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información