O goberno municipal adxudica a remodelación do Parque Camilo José Cela
A Xunta de Goberno Local dará o visto bo na sesión deste venres á adxudicación do proxecto de renovación do recinto que ten un importe de licitación de case 350.000 euros.

O alcalde sinalou que se trata dun parque “moi necesario” na zona de Torrecedeira para atender a demanda das familias desa zona, polo que “queremos que teñan un espazo en condicións. Queremos que teña os xogos dos grandes macroparques da cidade”.
O goberno municipal aprobará este venres a adxudicación do proxecto de renovación do parque Camilo José Cela, que ten un importe de licitación de 350.000 euros.
Caballero agradeceu a colaboración do goberno estatal e detallou as actuacións que se acometerán no parque: instalación dun pavimento de caucho anti-impactos, instalación de xogos de temática literaria, unha cama elástica, un balancín, unha randeeira con hamacas e un conxunto de escalada. Amais contémplase a reparación da pista deportiva con novas porterías e bancos e a renovación, na zona bio-saudable, do pavimento que se dotará dunha roda de estiramento e torsión, unha bicicleta elíptica, un air runner e barras paralelas. Ademais renovarase a iluminación e colocaranse papeleiras, bancos, unha fonte e carteis informativos.

