O Concello cooperará coa Editorial Galaxia na celebración do seu 75 aniversario
O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos membros do Consello de Administración da Editorial Galaxia que o ano que vén cumprirá 75 anos “de edición de literatura e traducións de grandes obras en galego”. Logo da reunión, Caballero anunciou que o Concello colaborará na celebración dunha “gran efeméride” coa que a cidade quere trasladar o seu recoñecemento á traxectoria desta empresa cultural.



