Abel Caballero recibe ao alumnado do CEIP O Pombal
Abel Caballero detallou este martes aos alumnos do CEIP O Pombal, que participan no programa "Visita o teu Concello", as xestións e competencias que desenvolve a administración municipal para facilitar e mellorar a vida da cidadanía de Vigo. Lembrou que no ámbito educativo o goberno local favorece axudas de libros escolares por un importe de 205 euros por alumno censado na cidade olívica, e promove o coñecemento e as habilidades na aprendizaxe do inglés coas becas que mobilizan cada ano a 1.000 estudantes.
