Escoitar

O Pleno celebra a chegada da Alta Tensión a Vigo

Os socialistas sacaron adiante a súa moción na que felicitaron ao Goberno de España polo cumprimento do compromiso e reprobando á Xunta de Galicia a falta de iniciativa política desde o ano 2013.

xoves, 28 dec 2023

O Pleno da Corporación Municipal felicitou ao Goberno de España polo cumprimento do compromiso coa cidade en relación a Moi Alta Tensión, solicitada por Stellantis e a industria da área de Vigo. A moción socialista celebra que o goberno presidido por Pedro Sánchez modificara o planeamento das redes eléctricas e incluír a moi Alta Tensión “para cumprir a demanda da factoría viguesa e poder continuar producindo na súa factoría de Balaídos”.

O concelleiro López Font tamén puxo de manifesto que foi o alcalde, Abel Caballero, quen desde o ano 2013 dirixiuse aos gobernos de España, tanto ao presidido por Mariano Rajoy como ao presidido por Pedro Sánchez, para que considerara esta solicitude. Do primeiro recibiu unha negativa, e do segundo a modificación da planificación eléctrica que achega 72 millóns para a construción da subestación para a chegada da moi Alta Tensión a Vigo.

Os socialistas tamén reprobaron na súa moción á Xunta de Galicia, “pola súa falla de iniciativa política diante do Goberno de España durante cinco anos, desde o ano 2013 ata 2018, momento no que o Partido Popular perdeu o goberno de España”. Tamén López Font acusou á Xunta de “mala fe” por poñer en cuestión este compromiso do alcalde e o presidente Sánchez en canto a esta cuestión”.

Descargar todas as imaxes