Escoitar

O alcalde valora a importancia da muller como “motor do cambio social”

No transcurso do XXVII Encontro Sindical da muller de UXT, que se desenvolveu este mércores en Vigo baixo o lema “Unidas e fortes avanzando pola igualdade”, Abel Caballero avogou pola igualdade e advertiu das ameaza

mércores, 18 out 2023
O rexedor durante a súa intervención no encontro
O rexedor durante a súa intervención no encontro

“As mulleres son o motor do cambio social. Os dereitos das mulleres tardaron moito en acadarse”, polo que cómpre “enxalzalos e defendelos e non baixaremos a garda”, sinalou o rexedor na súa intervención no XXVII Encontro Sindical da muller de UXT que se celebra na cidade.

Caballero destacou a importancia da igualdade na sociedade actual e advertiu da “ameaza” que sofren os dereitos das mulleres coa chegada dos gobernos da ultradereita.

Descargar todas as imaxes