Caballero e Miñones colaboran na Red Española de Cidades Saudables
O alcalde acompañou ao ministro de Sanidade, José Miñones, á praza de Vialia para que coñeza este novo espazo para a promoción da actividade física. Ambos os mandatarios apostaron por esta “forma de vivir e estar nas cidades”.

Abel Caballero e ministro de Sanidade, José Miñones, mantiveron unha xuntanza na Alcaldía no que o responsable estatal asinou o libro de Honra da cidade. Posteriormente, ambos os mandatarios pasearon pola cidade para poñer de manifesto a importancia da Red Española de Cidades Saudables coa creación de novos espazos para os hábitos saudables, como é a praza de Vialia.
"Unha praza saudable”, como describiu o alcalde durante a visita. Caballero puxo de manifesto a importancia da cooperación co ministerio de Sanidade, e como están a chegar fondos europeos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para proxectos como a humanización de Romil ou a construción de dous parques infantís na cidade.
Pola súa banda, Miñones dixo que o seu ministerio vai seguir na liña da “aporta pola prevención e a promoción de hábitos saudables”.




