Escoitar

O Concello reforza o servizo de bus urbano con motivos das festas de Bouzas

Este reforzo será nos servizos do venres 14 e o sábado 15 de xullo. Tamén o domingo 16 co espectáculo piromusical se reforzarán todas as liñas que pasan por Bouzas.

martes, 11 xul 2023

O alcalde anunciou un reforzo das liñas de bus urbano con motivo das festas de Bouzas que se celebran do 14 ao 18 de xullo. Este reforzo na flota de buses será o venres e sábado, e o domingo, logo do espectáculo piromusical.

A partir das 23:45h., ao finalizar os fogos artificiais, comeza un servizo especial, que funcionará cunha frecuencia de 15 minutos ata as 01:00h co seguinte percorrido: Camilo Veiga – Tomás Alonso – Pza. E. Fadrique – Coruña – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – Rep. Argentina – García Barbón – Sanjurjo Badía – Buenos Aires - Trav. Vigo – Pizarro – Pza. España – Gran Vía.