Escoitar

O Concello amplía ata o 15 de setembro o servizo de baño para persoas con discapacidade

O alcalde achegouse ata Samil para presentar a campaña deste ano que durará 15 días máis. O servizo tamén se presta na praia de O Vao, en ambos os dous areais de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

luns, 10 xul 2023

O Concello amplía o servizo de baño nos areais de Samil e O Varo para persoas con discapacidade ata o 15 de setembro. Abel Caballero achegouse á presentación do servizo onde dous persoas con mobilidade reducida utilizaron as dúas cadeiras anfibias, dispoñibles todos os días de 11 a 14 e de 16 a 20 horas.O Concello pon a dispor a 5 persoas para colaborar no acceso e saída da praia, a utilización da cadeira anfibia e as muletas adaptadas. Tamén as entidades que contan con técnicos propios poden solicitar a cesión da cadeira anfibia.

O alcalde di que o servizo “ten moita demanda” e augura que próximo verán comezará “15 días antes”: “A discapacidade non pode ser unha limitación”, declarou Caballero.

Pulseiras para menores

O Concello tamén pon en marcha un ano máis o servizo de pulseiras en menores nas praias para a súa seguridade. Segundo explicou o alcalde, na pulseira aparece o nome do neno ou nena e o número de teléfono dos acompañantes á praia. Deste xeito, as familias recibirán a chamada do servizo de salvamento e seguridade en caso de perderse. Estas pulseiras poden recollerse nos 12 puntos de socorrismo e seguridade habilitados na

Descargar todas as imaxes