O alcalde prepara coa Confraría a celebración da procesión do Cristo da Victoria
Abel Caballero mantivo un encontro este luns coa Irmá Maior da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria, Marora Martín-Caloto e coa Xunta Permanente, para analizar e preparar “todo o relativo á procesión” que se celebrará o vindeiro domingo, 6 de agosto, ás 19:30 horas da tarde. O percorrido, con saída desde a Basílica-Concatedral, a atención das persoas voluntarias, a presenza policial e a participación de tódalas confrarías foron algúns dos temas tratados na reunión.
