Escoitar

Abel Caballero: “Tivemos un notable éxito en Fitur 2022 tanto na mensaxe como na afluencia”

O alcalde agradeceu á ministra Reyes Maroto a asistencia ao acto e louvou a súas verbas sobre o turismo de Vigo.

venres, 21 xan 2022
Abel Caballero na presentación de Vigo en Fitur 2022
Abel Caballero na presentación de Vigo en Fitur 2022

Abel Caballero amosou en rolda de prensa a súa satisfacción tras a presentación da campaña turística do Concello no stand de Turespaña en Fitur 2022, que co slogan “Vigo, o mundo na cidade” amosou o Nadal, as Cíes, o Vigo Vertical e a oferta cultural, gastronómica e de turismo activo que ofrece a cidade.

O rexedor reafirmouse no “éxito” tanto na mensaxe como na afluencia: “O certo é que o stand de Turespaña estaba absolutamente “petado” cando Vigo fixo a súa intervención. Seguramente unha das maiores xuntanzas de persoas de moitos dos pavillóns, con filas de xente fóra do acto acoutado por mor da COVID-19”.

Caballero louvou as verbas da ministra de Turismo, Reyes Maroto, que abriu a presentación nomeando o turismo da cidade de Vigo en xeral, e do Nadal en particular. Para o alcalde “o Nadal é un proxecto turístico inigualable, o proxecto de maior crecemento que está a haber en Europa”.

Descargar todas as imaxes