Caballero aplaude a iniciativa comercial de Aetravi e o comercio de proximidade
O alcalde achegouse este venres ata o mercado municipal das Travesas, onde tivo lugar á entrega dun coche á gañadora do sorteo organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios, coa colaboración de Rodosa.
Co participación dos responsables de Aetravi, do mercado municipal de Travesas e da empresa automobilística, este venres tivo lugar a entrega simbólica do Renault Clio á vencedora do sorteo realizado durante o Nadal entre a clientela do comercio das Travesas. Polo Concello de Vigo participaron o alcalde da cidade e o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas.
Na súa intervención, Abel Caballero louvou a proposta e a actividade que vén desempeñando tanto os comerciantes do mercado como de todo o entorno das Travesas. O alcalde valorou a compra nos pequenos e medianos comercios de proximidade para a conformación do tecido socioeconómico da cidade.