Escoitar

A Corporación reclama á Xunta a reforma dos centros educativos empregando os fondos europeos

A moción socialista, aprobada por tódolos grupos agás o PP que se abstivo, recolle que a necesidade de acometer unha remodelación integral “dunhas instalacións educativas de máis de 50 anos”.

mércores, 29 dec 2021

O edil de Educación, Gorka Gómez, explicou o aumento dos problemas nos centros educativos públicos de Vigo ao longo dos últimos anos: aseos, patios escolares, cubertas de pavillóns, eficiencia enerxética, electricidade, calefaccións... motivos polos que “se dirixen á Xunta de Galicia reclamando inversións e melloras nas súas instalacións”. Con todo, acoden ao Concello “ante a pasividade da Concellería de Educación” a quen demandan “instalacións dignas e axeitadas para a mellora da calidade educativa”.

Tal e como recolle a moción, a Xunta de Galicia “está a recibir e recibirá centros de millóns de euros do goberno de España e non pode deixar pasar a oportunidade histórica para atender” as demandas dos centros educativos vigueses acometendo unha reforma integral, aproveitando a chegada dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

 

Descargar todas as imaxes