Escoitar

O Pleno pide á Xunta que as convocatorias de subvencións e axudas se concedan en concorrencia competitiva

Abel Losada reclamo ao goberno autonómico acreditar documentalmente os criterios que teñen que rexer o reparto das subvencións a favor das entidades locais.

mércores, 29 dec 2021
Abel Losada no pleno do Concello de Vigo
Abel Losada no pleno do Concello de Vigo

O Pleno aprobou cos votos a favor do Grupo Socialista, o Grupo Mixto e o concelleiro non adscrito instar á Xunta de Galicia a garantir que todas as subvencións que convoquen cara aos concellos sexan “en réxime de concorrencia competitiva, con criterios públicos, claros, obxectivos e avaliables, e nunca condicionadas a actuacións dos concellos que atenten contra a autonomía local.

O edil de Cultura e Emprego defendeu os principios de autonomía e suficiencia financeira das entidades locais, “tal e como recolle a Constitución Española”, e lembrou que no artigo 105.1 establécese “dotar ás facendas locais de recursos suficientes para o cumprimentos dos fins das entidades locais”.

Losada puxo de manifesto que a administración local galega caracterízase “por un importante raquitismo orzamentario, no que os cometidos superan aos recursos financeiros cos que contan para acometelos”. Deste xeito, pediu eliminar todas aquelas convocatorias de subvencións e axudas que se concedan en concorrencia non competitiva, é dicir, por orde de chegada as solicitudes.

Descargar todas as imaxes