O alcalde acompaña ao Rei Felipe VI na súa visita a Stellantis Vigo
O monarca participou este venres na presentación dos novos vehículos comerciais lixeiros eléctricos que se fabrican na planta de Balaídos e onde tivo a oportunidade de poñerse ao volante dun dos modelos. O rexedor acompañou ao Rei durante a visita polas instalacións da factoría de automóbiles, na que tamén participou a ministra de Traballo, Yolanda Díaz.


