Escoitar

O Pleno aproba o Plan Normativo para 2021 con tres ordenanzas e un novo regulamento

O último Pleno do ano da Corporación Municipal aprobou o Plan Normativo 2021 que permitirá aprobar tres ordenanzas e un novo regulamento. A proposta saiu adiante cos votos a favor do grupo socialista, da mesma forma que o informe definitivo de control financeiro das subvecións e axudas públicas.

mércores, 30 dec 2020
Votación no Pleno.
Votación no Pleno.

Carlos Font, voceiro do grupo municipal do PSOE, defendeu este mércores o Plan Anual Normativo correspondente ao ano 2021 do Concello de Vigo. A súa proposta saíu adiante cos votos socialistas, mentres que o concelleiro adscrito posicionouse en contra e os edís da Marea e o PP abstivéronse.

marco legal da Lei de Comercio Interior de Galicia. O Concello procede así á derogación da normativa de venta en rúas e espacios abiertos. Tamén está previsto en 2021 a aprobacion da ordenanza de vehículos de mobilidade pO Plan Normativo inclué a ordenanza reguladora de comercio e a súa adecuacion ao ersoal e a ordenanza reguladora de terrazas en vía pública. Por último, abordarase o vindeiro ano a actualización do regulamento da Policía Local deo Concello de Vigo, polo que se regula a estrutura e organización da plantilla.

Ademais, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade e de forma definitiva a ordenanza para a instalación de ascensores e outros medios mecánicos de accesiblidade e mobilidade, tanto en fachadas como en interior de edificos construídos de uso residencial colectivo e dotacional.

Por último, o Pleno deu conta do informe definitivo de control financeiro das subvencións e axudas públicas realizado respecto de beneficiarios por razóns das subvencións concedidas polo Concello de Vigo e pola Xerencia Municipal de Urbanismo durante o exercicio 2018.

Descargar todas as imaxes