Escoitar

Caballero lembra que foi a Xunta a que impediu que as ramplas de Gran Vía cheguen á Praza de España

Abel Caballero reiterou a vontade do Goberno local de completar as ramplas de Gran Vía desde Urzáiz ata a Praza de España para o que é preciso unha autorización da Xunta. Dado o éxito desta instalación e que non existe ningún argumento que xustifique a negativa autonómica, o goberno de Feijóo terá que reconsiderar a súa oposición a este proxecto de mobilidade.

mércores, 9 dec 2020

O alcalde de Vigo afeou de novo á Xunta a súa negativa a autorizar ao Goberno local a completar as ramplas da Gran Vía desde Urzáiz ata a Praza de España. En rolda de prensa, lembrou que o único argumento que esgrime a Xunta para paralizar este proxecto -segundo recolle un informe de Patrimonio -é que a actuación proposta non é acorde coa preservación do conxunto urbano. En opinión de Caballero, non existe ningunha xustificación, nin urbanística nin de ningún outro tipo para non autorizar esta obra. A Xunta terá que reconsiderar a a súa negativa dada a presión cidadá porque este proxecto de mobilidade -usado a diario por miles de persoas - é un éxito incuestionable na cidade.

 

Descargar todas as imaxes