Caballero eloxia o carácter emprendedor da presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
O alcalde visitou esta mañá o comercio solidario que vén de inaugurar na rúa Progreso Maite Isla, presidenta da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e no que se venden máscaras e uniformes sanitarios homologados. Esta iniciativa permite dar traballo a 30 costureiras e unha parte de cada venda vai para a ONG que lidera a empresaria. Maite Isla recolleu o pasado sábado o premio Viguesa Distinguida por la labor da asociación durante máis de 25 anos, un cuarto de século no que máis de 7.000 familias galegas abriron a súas portas a máis de 9.000 menores no do programa Vacacións en paz.
