Escoitar

As visitas a Vigozoo creceron no que vai agosto nun 2,3% respecto ao ano 2019

A importante ocupación turística que está a rexistrar a cidade está a supoñer un aumento dun 2,3% nas visitas a Vigozoo neste mes de agosto, respecto do ano 2019. Os visitantes tamén creceron neste mes nun 55,4% se o comparamos con xullo.

mércores, 26 ago 2020

O alcalde deu conta esta mañá dun aumento dun 2,3% na cifra de visitantes de Vigozoo no que vai de mes de agosto respecto a 2019. Neste período incremento de visitas respecto ao mes de xullo é dun 55,4%.

As actividades que se organizaron nestas instalacións municipais, como a observación das perseidas ou os campamentos de verán, foron un éxito de participación e de seguridade sanitaria. Neste punto o alcalde valorou a importante ocupación turística que ten Vigo, con medidas anticovid en praias ou en festas.