Escoitar

O alcalde renuncia á metade do seu salario de abril para contribuír coas as arcas municipais “que van ter moitas novas necesidades”

Abel Caballero anunciou esta mañá que só cobrará a metade do salario do mes de abril, unha decisión adoptada para cooperar cos novos gastos que ten que afrontar o Concello na loita contra os efectos do Covid-19.

martes, 7 abr 2020

O alcalde de Vigo deu conta esta mañá da súa decisión de renunciar ao 50% do seu salario do mes de abril. Enmarcou esta renuncia como xesto e contribución coas arcas municipais “que van ter moitas novas necesidades”, en referencia ás importantes medidas sociais que o goberno local vén implementando para loitar contra os efectos do coronavirus.

Volta ao traballo
Por outra banda, Caballero lembrou que o luns 13 de abril comezará unha volta paulatina á vida laboral, un momento no que hai que é preciso que empresas e traballadores extremen a protección e que os sindicatos vixíen o estrito cumprimento desas medidas. Amosouse seguro que así se vai facer, pero instou de novo a priorizar a saúde e a que se es establezan todas as garantías sanitarias. Hoxe mesmo, engadiu, conmemoramos o Día Mundial da Saúde, á que hai que prestar especial atención, neste momento de pandemia.