Escoitar

A Policía Local sanciona a 26 persoas por incumpriren o decreto do estado de alarma

Cos controis realizados na última xornada elévase a 795 as denuncias cursadas pola Policía Local desde o pasado 16 de marzo. O alcalde percibe unha “tendencia lixeiramente decrecente” no quebrantamento do confinamento.

martes, 7 abr 2020

Caballero explicou que onte luns a Policía Local revisou os parques infantís e de maiores precintados para controlar os movementos de persoas así como os precintos de praias e areais. Entre as intervencións realizadas, destacou a intervención cun traballador da construción que estaba realizando traballos non autorizados ou a denuncia a unha persoa que ía mercar pinzas e outra que se dirixía a adquirir cervexas a un establecemento 24 horas.

Nos controis para garantir o cumprimento do Real Decreto do estado de alarma, a Policía Local sancionou este luns a 26 persoas, nunha “tendencia lixeiramente descendente”, segundo valorou o rexedor, e identificou a 124 persoas e 391 vehículos. Con esta cifra, elévase a 795 as denuncias impostas pola Policía desde o pasado 16 de marzo.