Cambio en 17 liñas do autobús urbano polas obras da Porta do Sol

Desde o vindeiro luns, 9 de marzo, ás 10:00 horas da mañá a Porta do Sol queda cortada á circulación de vehículos, polo que é preciso adecuar varias liñas do transporte urbano. Anúlanse 6 paradas e habilítanse nove paradas novas.

martes, 3 mar 2020

 

Con motivo das obras de humanización da Porta do Sol, o tráfico rodado quedará cortado desde o luns, 9 de marzo, ás 10:00 horas da mañá entre Paseo de Alfonso e Policarpo Sanz polo que se realizarán cambios no percorrido de 17 liñas de autobús urbano, con desvíos alternativos e habilitando novos puntos de subida e baixada de viaxeiros.

Desde Paseo de Alfonso a Policarpo Sanz quedarán anuladas 6 paradas: Paseo Alfonso 15, Policarpo Sanz 12, Policarpo Sanz 16 e desde Policarpo Sanz a Paseo de Alfonso suprímense Policarpo Sanz 15, Porta do Sol e Paseo de Alfonso. No seu lugar, habilítanse novos puntos de subida e baixada de pasaxe en Policarpo Sanz 26, Colón 26, Policarpo Sanz 23, Pi i Margall 7, Pi i Margall (antigo asilo), Praza do Rei (Concello), Camelias (Concello), Praza de Compostela 35 e enfronte.

Co fin de informar á cidadanía sobre os novos percorridos e paradas, editarase un tríptico informativo cun mapa explicativo no que figuran as novas paradas e os percorridos alternativos das liñas afectadas. Repartiranse máis de 10.000 folletos na cidade. Ademais os cambios veranse reflectidos na páxina web de Vitrasa, nos autobuses e nas principais marquesiñas, así como na app móbil Moovit na que os viaxeiros poderán visualizar os novos percorridos en tempo real.

Para favorecer a aplicación destes cambios, durante as primeiras semanas establecerase un dispositivo continuo con inspectores a pé de rúa para comprobar o funcionamento das liñas polas novas paradas, así como dar información aos usuarios.

Estas son as liñas afectadas: 
C2 - CIRCULAR 2ª 
C3 - BOUZAS/COIA – ENCARNACIÓN (Praza Eugenio Fadrique) 
L4 A – C - ARAGÓN / EST. AUTOBUSES- COIA 
L5 A – B - TEIXUGUEIRAS – B. AIRES (por G. Barbón / Urzáiz) 
L7 - PZA. ESPAÑA – GARRIDA / ZAMÁNS / SOBREIRA 
L8 - AREAL – PORTO / UNIVERSIDADE 
L9 A - PZA. E. FADRIQUE – PEINADOR (AEROPORTO) 
L9B CANDEAN – G. BARBÓN 
10 – TEIS – SAIÁNS 
L11 - SAN MIGUEL - CABRAL 
L12 A – B - SAIÁNS / HOSP. ALVARO CUNQUEIRO – MEIXOEIRO 
L15 B – C - UNIVERSIDADE – SAMIL / NAVIA 
L17 - MATAMÁ (BALSA) – A GUÍA / RÍOS 
24 - GUIXAR – POULO 
L28 SAMPAIO - VIGOZOO 
N1/N2/N3 - SAMIL/TEIXUGUEIRAS – BUENOS AIRES 
H1 - GARCÍA BARBÓN – HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

 

Máis información