Escoitar

O Concello proporá un convenio á Xunta para establecer unha sede do CGAC en Vigo

O alcalde manifestou que o goberno municipal ofrecerá a súa cooperación ao autonómico, logo de que anunciase a intención de abrir na cidade unha sede do Centro Galego de Arte Contemporánea.

mércores, 15 xan 2020
Abel Caballero avanzou que "enviará un borrador de convenio" ao presidente da Xunta de Galicia onde se recollan os edificios a adquirir para a sede do CGAC en Vigo e a cantidade que "debe dedicar ao ano, ofrecéndolle a nosa cooperación" para o que xa deu instrucións ao concelleiro de Cultura. Segundo apuntou, o Concello "achegará recursos que quedarán comprometidos no convenio".

Tras o anuncio realizado por Feijóo, o alcalde vigués critica que non concrete a dedicación orzamentaria anual da futura sede nin onde vai estar situada xa que, segundo sinalou o presidente da Xunta, o edificio sería adquirido polo Consorcio do Casco Vello e, nese caso, di Caballero "son cartos de Vigo", non da Xunta de Galicia.

O rexedor censurou o investimento cultural da Xunta en Vigo que debe "100.000 euros" ao MARCO, a achega correspondente ao ano 2019, apuntando que "desde que goberna Feijóo deixou de pagar a este museo 2 millóns de euros", explicando que o goberno autonómico dedicada 300.000 euros ao ano, tendo baixado esa cantidade a 100.000 euros anuais.