Escoitar

O Nadal vigués apagará as súas luces coa música de Tony Lomba e Elio dos Santos

O dúo vigués composto por Tony Lomba e Elio dos Santos será o encargado de poñer música o vindeiro domingo no acto que despedirá as festas de Nadal. O alcalde confirmou a actuación dos artistas na Porta do Sol como colofón ao apagado das luces (20:00 horas).

mércores, 8 xan 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores que o dúo composto por Tony Lomba e Elio dos Santos actuará o domingo na Porta do Sol durante o acto convocado para o apagado das luces de Nadal que poñen fin ás festas.

Os músicos vigueses serán así os encargados, a partir das 19:00 horas, de despedir o Nadal de Vigo despois de seis semanas cunha afluencia masiva de visitantes. "Ao final das festas que arrancamos en novembro teremos a actuación dun grupo local, grandes músicos", sinalou Caballero.

O rexedor tamén engadiu que a partir do vindeiro luns, unha vez acabadas as festas, se retomarán as obras que estiveron paradas durante o último mes e medio. Así, os traballos regresarán á Gran Vía e procederase a cortar os carrís de subida para continuar as labores de instalación das ramplas mecánicas. Ademais, o alcalde avanzou que a semana do 20 de xaneiro comezarán as obras na Porta do Sol para a construción do túnel e a peonalización de toda a praza.