O goberno de Vigo inaugura unha nova fase da humanización de Gregorio Espino
Abel Caballero presidiu este martes o acto oficial logo da mellora da avenida e avanzou en rolda de prensa que a humanización continuará en fases sucesivas ata completar Gregorio Espino. Ata o momento, o Concello leva investido 2,3 millóns na reforma.
A terceira fase da humanización de Gregorio Espino tivo un orzamento de 1,4 millóns de euros, explicou o alcalde en rolda de prensa, actuando desde a rotonda da Travesía de Vigo ata o cruce con Urzáiz e no tramo da Avenida comprendido entre os cruces coa rúa San Roque e Agua e Reiseñor.
Nesta nova humanización, o Concello renovou a pavimentación, con beirarrúas de granito, e as redes de saneamento e abastecemento, ademais de mellorar as de alumeado, a semafórica e instalar unha nova rede de rego por goteo. Abel Caballero puxo en valor os 140 metros cadrados de nova superficie axardinada neste tramo.
Nas fases xa executadas da humanización de Gregorio Espino, o Concello de Vigo leva investido 2,3 millóns de euros na mellora da Avenida, que continuará ata completala en fases sucesivas, tal e como confirmou o alcalde. Abel Caballero salientou o "importante" desta obra executada "nunha das grandes avenidas de Vigo", nun espazo da cidade "tan habitado" que ata o momento se atopaba "en situación lamentable".