Escoitar

O Concello actualiza a información para o proxecto da nova autovía entre Vigo e O Porriño

Abel Caballero informou de que o Concello de Vigo actualizará a información necesaria para a empresa adxudicataria da redacción do proxecto e do documento de impacto ambiental. O alcalde destacou a reactivación da infraestrutura coa chegada do actual Goberno central.

martes, 11 xuñ 2019
1560257423rueda.JPG
O alcalde en funcións, Abel Caballero, destacou este martes os inicios dos traballos para levar a cabo a construción da nova autovía entre Vigo e O Porriño a través dun túnel. O rexedor indicou que a empresa Ayesa, adxudicataria dos traballos de consultoría e asistencia para a redacción técnica, pediu ao Concello que actualice a documentación sobre zonas afectadas.

Segundo explicou Caballero, a redacción do proxecto iniciouse no ano 2009 e modificouse o ámbito de estudio inicialmente previsto, por lo que procede a realizar unha nova solicitude de información. "A Declaración de Impacto Ambiental está caducada desde o ano 2012, co Goberno do PP de Mariano Rajoy, o que obriga a tramitala outra vez", sinalou.

A nova autovía de acceso a Vigo, cun trazado homoxéneo co resto da autovía A-52, ten como obxectivo captar gran parte do tráfico da actual A-55. Cun elevado custe, xa que ronda os 277 millóns estimados en obra, inclúe un novo túnel de máis de 2 km baixo o alto de Puxeiros.
Descargar todas as imaxes