Caballero cataloga de "gran torneo" o Trofeo Concello de Vigo Globalmar de balonmán alevín no Loureiro do 26 ao 28
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a terceira edición do Torneo Concello de Vigo - Globalmar de categoría alevín (9-12 anos) que se vai disputar do 26 ao 28 deste mes no pavillón municipal do Loureiro (Carballal), baixo a organización da Agrupación Deportiva Carballal e co apoio de Globalmar Sealand e da Concellería de Deportes.
No acto o rexedor estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o director xeral da firma patrocinadora privada, Alfonso Becerra, membros do comité organizador e o presidente da Federación Galega de Balonmán estes derradeiros doce anos. Precisamenter a el dedicou palabras de eloxio: "Foi o gran dinamizador do balonmán durante tanto tempo; o meu recoñecemento ao traballo tan ben feito". Ouro dirixiu durante tres mandatos consecutivos unha das federacións autonómicas con sede en Vigo e este foi o seu derradeiro acto á fronte da mesma.
O torneo, cuxa primeira edición disputouse no pavillón de Coia con oito equipos en xaneiro de 2017, xogouse de novo a principios deste ano en Carballal con nove equipos e agora ofrecerá a súa terceira edición tamén na pista base da A.D. Carballal e con récord de participación: doce equipos "de toda Galicia", explicou Caballero, que ademais o definiu como "un gran torneo" xa de referencia no Nadal.
Acoden Cisne, Abegondo, Bueu, Cangas, Culleredo, Galicia Social, Mecalia Guardés, Moaña, Rodeiro e o anfitrión, que presenta dous equipos do mesmo xeito que o Culleredo. En total, 250 xogadores para este torneo mixto.
A organización programou un evento de tres días con numerosas actividades. Así, haberá o día 27 un "Best Trick Show", é dicir, un concurso de lanzamentos espectaculares e orixinais no que haberá participación de xogadores e xogadoras de máxima categoría (Frigoríficos do Morrazo e Mecalia Guardés), entre outros. Na xornada final, actuación do mago Zambrano, que xa acudiu á primeira edición do evento, e un grupo de baile amenizará o descanso das finais.
"Este torneo nace polo traballo dun grupo de persoas identificadas co balonmano e coa cidade e é máis que un gran evento deportivo", subliñou Manel Rivas dende a organización.
Descargar todas as imaxes