Escoitar

O rexedor anima a acudir ás charlas do programa sobre o envellecemento activo no Calvario

O rexedor participou este luns na presentación do ciclo de charlas sobre o envellecemento activo que organiza a Asociación de Veciños do Calvario. As conferencias comenzarán en setembro e celebraranse todos os primeiros luns de cada mes ata abril.

luns, 9 xul 2018
1531141093CharlasCalvario_02.JPG
Abel Caballero animou este luns a todos os veciños do Calvario a asistir ao ciclo de charlas sobre o envellecemento activo que organiza a Asociación de Veciños. Con nome de "Envellecer: realidades, alternativas e oportunidades", as conferencias vanse a celebrar entre setembro de 2018 e abril de 2019, todos os primeiros luns de cada mes (excepto a de decembro que será o segundo luns do mes) e todos os conferenciantes son o foron veciños do Calvario.

A presentación das conferencias celebrouse no Concello e contou coa presencia do presidente e o tesoreiro da AAVV do Calvario, Raúl Fontán e Anxo Bastos, ademais de Andrés Vázquez, médico e coordinador das charlas.

Trátase dun programa de formación para facer do envellecemento unha experiencia positiva chea de oportunidades de saúde, seguridade e participación co obxectivo de mellorar as condicións de vida das persoas maiores poñendo en marcha actuacións tendentes a mellorar a esperanza de vida saudable, así como previr e atrasar a aparición dos déficits propios da idade e deter o agravamento dos que xa a padecen.

Conferencias:

1. "Actividade e envellecemento: saúde física, saúde mental, saúde relacional. Alternativas cidadáns no entorno" Conferenciante: Andrés Vázquez Piñeiro: médico, xerontólogo clínico, experto en xerontoloxía clínica e social.
2. "Envellecemento e prevención da enfermidade e da dependencia: programas nutricionais, vacunacionais e controis da saúde". Conferenciante: Javier Pérez Martín. Médico diplomado en Medicina Geriátrica, coordinador médico de residencias para persoas con dependencia.
3. "A economía familiar e o proceso de envellecemento: pensións e recursos". Conferenciante: Andrés Vázquez Piñeiro.
4. "Dependencia: dereitos cidadáns, recursos e xestión dos mesmos". Conferenciante: María Jesús Lago Vilaboa. Traballadora Social. Unidade de recursos paliativos. Coordinadora dos servizos sociais. Vigo.
5. "Demencias e enfermidade do Alzheimer: recursos e cuidados. O cuidado das persoas que cuidan". Conferenciante: Juan Carlos Rodríguez Bernárdez. Presidente Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA). Vigo.
6. "Centro de día e residencias: que son, que se fai e como se vive". Conferenciante: Andrés Vázquez Piñeiro.
7. "O envellecemento social: a exclusión ou a oportunidade da inclusión social e aportación vital e cultural". Conferenciante: Laura Estevez Caride. Pedagoga. Coordinadora de programas de inclusión social comunitaria.
8. "As persoas maiores como axentes activos do voluntariado social: solidaridade e pertenza". Conferenciante: Xose Lois Cea Nogueira. Psicólogo. Experto en voluntariado social.
9. "Enfermidade de Parkinson: recursos e coidados". Conferenciante: María Lens Villaverde. Psicóloga. Desenvolve a súa labor profesional en neuropsicoloxía e xerontoloxía.
Descargar todas as imaxes