Escoitar

O Pleno do Concello inicia a "senda histórica" para que Vigo recupere o Pergamiño Vindel

A proposta para instar ao Ministerio de Cultura e á Xunta de Galicia a negociar coa Morgan Library&Musem foi aprobada cos votos do grupo municipal socialista. Os concelleiros da Marea abandonaron a sesión e o PP non compareceu. "Iniciamos unha senda que terá como final o regreso do Pergamiño a Vigo", sinalou o alcalde.

mércores, 7 mar 2018
1520432369PlenoCantigas.JPG
O Pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores unha proposta do grupo municipal socialista para que instar ao Ministerio de Cultura a iniciar as conversas coa Morgan Library & Museum para recuperar as Cantigas de Martín Códax recollidas no chamado Pergamiño Vindel e que sexan adquiridas e restituídas á cidade de Vigo.

Os votos do grupo municipal socialista permitiron que a proposta saíse adiante. Ademais, os concelleiros do Partido Popular non compareceron no salón de plenos e os da Marea de Vigo abandonaron a sala despois de considerar que non había motivos para celebrar una sesión urxente e extraordinaria sobre o asunto.

No texto aprobado, ademais de pedir ao Goberno de España que negocie para recuperar o Pergamiño, tamén reclama á Xunta de Galicia que coopere na recuperación "dunha peza singular e irrepetible do patrimonio do patrimonio cultural vigués e galego". Por último, a proposta do Concello de Vigo ofrece toda a colaboración necesaria nas súas xestións ante a Morgan Library $ Museum.

Antes de recibir o visto e prace do Pleno Municipal, o alcalde de Vigo destacou a sesión como un momento "histórico" para a cidade e sinalou que "iniciamos unha senda que terá como final o regreso do Pergamiño Vindel".
Descargar todas as imaxes