O goberno de Vigo reclama á Xunta a potabilizadora que comprometeu no 2013
O segundo tenente de alcalde, David Regades, recordou que o "Plan de abastecemento de auga para Galicia" da Xunta, do ano 2013, recolle a necesidade de construir unha nova potabilizadora, que incluso figura orzamentada. O Concello esixe á Xunta que "cumpra o comprometido" e asuma as súas competencias, pois a do Casal potabiliza auga para Vigo, Cangas, Moaña e Redondela.
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, reclamou este luns ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que "cumpra o comprometido" e faga unha nova potabilizadora de auga, tal e como o propio goberno autonómico recolleu na actualización do seu "Plan de abastecemento de auga para Galicia", de 2013.
Regades recordou que os cidadáns de Vigo, a través do recibo, transfiren cada ano "máis de cinco millóns de euros" á Xunta de Galicia en concepto de canon da auga. Así, o edil pediu ao goberno de Núñez Feijóo que revirta estes fondos nas melloras hidráulicas comprometidas no Plan de 2013 de Augas de Galicia, que contempla a necesidade dunha nova potabilizadora e incluso figura un desglose orzamentario para a mesma.
A actual potabilizadora do Casal serve aos cidadáns de Vigo e tamén aos de Cangas, Moaña e Redondela. Segundo o dato ofrecido por Regades esta mañá, un 20% da auga potabilizada é para os concellos da área de Vigo, polo que "está claro que é unha competencia supramunicipal", unha responsabilidade da Xunta de Galicia.
Calidade
David Regades explicou que Vigo fai máis de mil analíticas da auga cada ano, unha frecuencia que se incrementou desde que a seca foi declarada, onde son varias as análises que se efectúan ao día. O tenente de alcalde ve "gravísimo" que a Xunta dirixida por Núñez Feijóo afirme carecer dos resultados pois todas as analíticas son transmitidas ao órgano autonómico "de forma puntual" e como marca a lei.
O responsable de Fomento tamén recordou que a OCU, no seu último informe, situou a auga de Vigo entre as catro de España de mellor calidade e sinalou que agora, en época de seca, os datos publicados pola Xunta de Galicia revelan que a calidade da auga de Vigo é mellor que a doutros municipios galegos e sen embargo Núñez Feijóo "asedia" aos cidadáns de Vigo.
Descargar todas as imaxes