Vigo é a cidade galega que menos axuda per cápita recibe da Xunta, segundo o Consello de Contas
No ano 2015, a media das axudas ou subvencións que a Xunta transferiu aos concellos galegos foi de 91 euros, mentres que Vigo recibía 30,91 euros, segundo un informe do Consello de Contas. Estes datos, segundo Caballero, amosan o estado de "abandono" da cidade por parte do goberno autonómico. <br />
Segundo un informe de Fiscalización realizado polo Consello de Contas de Galicia do exercicio 2015, Vigo é cidade que menos recursos recibe da Xunta en axudas, convenios ou subvencións, cunha achega de 30,91 euros per cápita. Estes datos, que non recollen os investimentos, obxectivan, en opinión do alcalde, o estado de "abandono" que Vigo sufre por parte do goberno autonómico.
O informe do Consello de Contas do ano 2015 determina que a achega per cápita da Xunta a Santiago foi de 80,31 euros, un 266% máis que Vigo; a de Ferrol, de 61,25 euros, un 200% máis que Vigo; a de A Coruña, de 43,27 euros, un 143% máis que a de Vigo; a de Lugo, de 50,12 euros; a de Ourense, de 47,59 euros; e de Pontevedra, de 36,34 euros. Estes datos, procedentes das últimas contas auditadas feitas públicas, amosan que Vigo é a cidade que menos recibe, con 30,91 euros, mentres que a media galega está en 91 euros, un 300% máis que a nosa cidade.
Respecto dos investimentos, Caballero reiterou publicamente as cuestións pendentes da Xunta coa cidade: promoción do transporte aéreo, construción do centro de saúde de Bouzas -aínda sen empezar-; acceso desde Buenos Aires ao centro da cidade a través da AP9; decretar a gratuidade do aparcamento do Álvaro Cunqueiro; remodelación de vías de titularidade autonómica (enlace Baiona Baiona; Avenida de Galicia; Avenida Ricardo Mella; Rúa Arquitecto Gómez Román e rúa Canido; Avenida de Castrelos-Estrada de Valladares; Estrada de Zamáns; Avenida de A Florida- Estrada de Camposancos; Avenida de Ramón Nieto e Avenida de A Ponte); reforma de Balaídos; plan de reforma de centros públicos que están sendo atendidos desde o Concello (reformas de comedores ou cubricións de patios); infraestruturas deportivas; bolsas de comedor en centros de infantil e primaria; accións en política social; plans de emprego; apoio a eventos como O Marisquiño ou a promoción das Illas Cíes.
Desde o punto de vista cultural, o rexedor incidiu en que o Concello aporta o 75,24% do orzamento do MARCO, o que supón un 600% máis que a Xunta, quen achega só 100.000 euros mentres que adica 11 millóns á Cidade da Cultura de Santiago. Respecto das bibliotecas, lembrou que Vigo apenas recibe 710.000 euros, mentres que A Coruña ou Santiago reciben 2.092.496 euros e 2.324.114 euros, respectivamente.