Escoitar

O alcalde esixe á Xunta que convenie o pago da redacción do novo PXOM de Vigo

Caballero denunciou este luns que agarda resposta ao compromiso adquirido pola Xunta de Galicia de asinar o convenio para abonar a metade do custo da redacción do novo Plan Xeral de Vigo, tras varios escritos e tras terse negado a pagalo íntegramente pese a que a responsabilidade da anulación do PXOM anterior recae nunha actuación "deficiente" do goberno autonómico.

luns, 10 xul 2017
En novembro de 2016, o Concello de Vigo propuxo á Xunta de Galicia o pago do 100% do custe económico -que pode rondar o millón e medio de euros- da redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, pois "parece razonable", en verbas de Caballero, que sexa o goberno autonómico quen o pague integramente pois o Tribunal Supremo anulou o anterior Plan vigués por unha actuación "deficiente" da Xunta.

"A Xunta dixo que non", aseverou Caballero sobre a proposta viguesa, e respostou o 30 de marzo, catro meses despois, que estarían dispostos a abonar o 50% da redacción, a mesma cifra que aplican a calquera outro caso, polo que no PXOM "lle aplican á repetición do Plan de Vigo o mesmo que a resto de cidades na súa primeira redacción".

O goberno de Vigo, que segue avanzando na redacción do novo PXOM, iniciada no 2016, aceptou o financiamento ao 50% do custo da redacción do novo Plan Xeral e así o comunicou á Xunta de Galicia, quen non contestou ao escrito municipal, segundo denunciou Caballero. Posteriormente, o Concello volveu a enviar á Xunta unha nova carta que incluía unha proposta de convenio entre as partes, que segue sen resposta por parte da Xunta de Galicia.