Vigo revalida o seu liderado como o concello máis transparente de Galicia
Desde este venres son públicos os resultados deste ano do Índice de Transparencia dos Concellos, que sitúa ao Concello de Vigo á cabeza das cidades galegas e entre os mellores de España con 98,8 puntos sobre 100 posibles. "O Concello de Vigo é absolutamente cristalino", salientou Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este venres a súa "satisfacción" polos resultados dun índice elaborado por un organismo internacional que mide o nivel de transparencia dos 110 principais concellos de España, con 80 indicadores relativos a diferentes áreas de transparencia, cuestión "fundamental na democracia".
O informe sitúa ao Concello de Vigo unha vez máis como o máis transparente de Galicia, cun total de 98,8 puntos sobre 100. Santiago obtivo 91,9 puntos, polos 83,3 de Ferrol, 83,1 da Coruña, os 78,1 de Pontevedra e os 71,9 de Ourense e Lugo.
O alcalde valorou que Vigo sexa destacada como a cidade máis transparente de Galicia e con dez puntos por encima da media española, que foi de 89,7 puntos. Caballero incidiu en que "somos un concello excepcionalmente transparente".