Escoitar

O Concello apoia con preto de 100.000 euros as actividades de dúas asociacións de mulleres que loitan contra a violencia de xénero

O alcalde de Vigo asinou esta mañá un convenio de preto de 18.000 euros coa Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo. Esta achega súmase aos case 76.000 euros que recibe a Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos.

mércores, 10 mai 2017
1494421495conveniosmulleres.JPG
O Concello de Vigo subvenciona con case 18.000 euros un proxecto de intervención familiar coas usuarias dos pisos da rede municipal de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero. Esta achega á asociación de Mulleres progresistas de Vigo vén sumarse a outra outorgada á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, neste caso por importe de máis de 30.000 euros. Este colectivo, ademais, recibe outra subvención municipal que supera os 45.000 euros polo que o apoio municipal ás vítimas de violencia de xénero a través destas dúas asociacións ascende a preto de 100.000 euros.
Descargar todas as imaxes