O rexedor pedirá a Interior e á Dirección da Policía elevar a catalogación da Comisaría de Vigo-Redondela
Abel Caballero estima "absolutamente inaceptable" a consideración actual do servizo xa que atende a 450.000 habitantes, polo que demandará o cambio ao Ministerio e á Dirección Xeral da Policía para ter mellores dotacións e atención. <br />
O rexedor reuniuse este mércores con representantes do Sindicato Unificado de Policía para abordar temas de interese para a cidade, entre eles, a proposta para o cambio no tratamento que recibe a comisaría de Vigo-Redondela desde a Dirección Xeral da Policía e o Ministerio de Interior.
Para Caballero, o centro debe ter unha catalogación superior porque Vigo é, por tamaño, a décimo cuarta cidade de España e atende a unha media de 450.000 habitantes, entre os dous concellos e a poboación flotante, de maneira que non ten sentido que haxa unha comisaría principal na Coruña para toda Galicia e despois Pontevedra e "desde aí Vigo".
Así, sinalou que contactará co Ministro do Interior e co Director Xeral de Policía para tratar de elevar o nivel da Comisaría de Vigo-Redondela, o que implicará "máis dotación, recursos e, polo tanto, máis atención".
Descargar todas as imaxes