O alcalde eloxia a Rutaescola, una acción para promover os camiños escolares seguros
Abel Caballero eloxiou esta mañá de mércores o funcionamento dunha Rutaescola que permite aos alumnos de Primaria do Escultor Acuña acudir ao colexio camiñando e con seguridade viaria. Trátase dunha iniciativa que o Concello estudará estender a outros centros da cidade, dado o seu éxito.
O Concello estudará estender ao resto da cidade o exitoso programa de mobilidade que funciona no Ceip Escultor Acuña baixo o nome de Rutaescola. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Anpa que consegue que o alumnado de Primaria acuda de forma autónoma ao colexio a través dunha rede de itinerarios que permite aos escolares desprazarse camiñando de xeito seguro nos seus traxectos diarios. Tal e como explicou o rexedor, esta Rutaescola funciona desde hai tempo e, ademais de reducir o tráfico no contorno co centro educativo, fomenta a autonomía e a responsabilidade do alumnado.
Cada alumno leva o seu chaleco refrectante e establécense puntos de encontro para Nesta tarefa contan con puntos de encontro para ir en grupo. Os comerciantes da zona cooperan e hai un grupo de apoio de seguridade viaria situado nas zonas de maior risco á hora de cruzar as rúas. Os itinerarios están marcados con pegadas de dinosauro no chan para facer seguro e atractivo o camiño de casa á escola.
Caballero, na súa intervención, defendeu a boa marcha dos plans de entrada e saída dos colexios que, aínda que poden ser mellorados, están a funcionar con bastante eficiencia en moitos centros educativos.
Descargar todas as imaxes