Escoitar

O rexedor compromete apoio a Conxemar e ofrécese como "aliado" para ampliar o IFEVI

"O primeiro valedor da ampliación do IFEVI para Conxemar é o alcalde de Vigo; por tanto, todos aqueles que estean na ampliación e o fagan con seriedade saben que contan cun aliado imprescindible, que é o alcalde e o Concello de Vigo", aseverou Abel Caballero tras reunirse coa dirección de Conxemar este mércores.

mércores, 14 set 2016
1473882711conxemar.JPG
Ao remate da entrevista coa dirección de Conxemar para abordar a seguinte feira e a ampliación do recinto de Cotogrande, Abel Caballero ofreceuse como "primeiro valedor" da ampliación do IFEVI e como "aliado imprescindible" para levado adiante "con seriedade".

O rexedor vigués comprometeu novamente apoio a Conxemar e recordou que o Concello de Vigo incrementara a achega económica á feira cando esta foi obxecto dun "durísimo ataque" por parte de Barcelona -e a súa SeaFood-. Caballero reiterou o respaldo municipal porque "Conxemar é a vida de Vigo, parte importantísima da nosa economía".
Descargar todas as imaxes