Escoitar

O rexedor pon en valor o proxecto educativo do CEIP Seis do Nadal

Durante a visita que realizou hoxe ao centro polo inicio do novo curso no ensino Infantil e Primario, Caballero informou da dotación por parte do Concello ao centro dun columpio adaptado para que o alumnado con discapacidade poida xogar en igualdade de condicións. Amais, incidiu na importancia do plan de tráfico posto en marcha nos colexios pedindo a cooperación veciñal para respectalo.

martes, 13 set 2016
1473770460seisdonadal.jpg
O alcalde visitou este martes pola mañá o CEIP Seis do Nadal no que 600 nenos e nenas veñen de comezar o novo curso 2016-2017 en educación Infantil e Primaria. Alí eloxiou o proxecto educativo que desenvolve o centro, "a calidade docente e o magnífico cadro de profesorado", que o fixo merecedor do recoñecemento como "Vigués Distinguido" no ano 2014.

Ademais, Caballero informou de que o Concello dotou ao Seis do Nadal dun bambán para nenos e nenas con discapacidade, xa que conta cun "número singular de estudantes con discapacidade", sendo o "único centro en Galicia" que dispón dun destas características, permitindo que todo o alumnado poidan gozar da mesma maneira do tempo de recreo.

En declaracións ao medios de comunicación, o rexedor incidiu na "importancia" da posta en marcha do plan de tráfico nos colexios neste segundo día de clases que, dende mañá "entrará en plena operatividade" e pediu a "cooperación de toda a cidade" con este programa que dá prioridade á circulación de alumnos, pais e nais para facilitar a entrada e saída dos escolares dos centros de ensino.

Descargar todas as imaxes